Bienvenidos a mi casa. Este Blog nace como una iniciativa de mi necesidad de dar a conocer mis vivencias y disponer de un medio para expresar el espíritu de mi Tierra... Muchas gracias por acompañarme en este divertido viaje. Espero disfrutarlo con vosotros. Como todo buen blog que se precie espero tener vuestros comentarios.

jueves, 30 de junio de 2022

El Día de la G


O Día da G -a festa de todos os que falamos Galego- representantes do mundo da literatura, o cine, a ciencia, a moda, o deporte, a danza, os negocios ou a música haberán de elixir a súa palabra favorita en Galego destacando a importancia que tivo nas súas vidas o feito de falar Galego.

O Día G, a festa de todos os que falamos a lingua Galaico-Portuguesa, por todo o mundo.

Para este día déixovos a poesía de Curros Enríquez entrepretada polos Tamara.

Unha Noite Na Eira do Trigo (Los Tamara)

Unha noite na eira do trigo 
Ó refrexo do branco luar 
Unha nena choraba sin trégolas 
Os desdés dun ingrato galán.
 
I a coitada entre queixas decía: 
Xa no mundo non teño a ninguén, 
Vou morrer e non ven os meus ollos, 
Os olliños do meu doce ben.
 
Os seus ecos de malencolía, 
Camiñaban nas alas do vento I o lamento repetía Vou morrer e non ven o meu ben.
Lonxe dela de pé sobre a popa Dun aleve negreiro vapor Emigrando camiño de américa Vai o probe e infeliz amador.
I ó mirar as xentís anduriñas 
Cara a terra que deixa cruzar 
Quen pudera dar volta pensaba 
Quen pudera convosco voar.
 
Mais as aves e o buque fuxían, 
Sin ouir seus amargos lamentos,
Solo os ventos repetían, 
Quen pudera convosco voar.
 
Lairaraira ...
 
Noites craras de aromas e lúa, 
Desde entón que tristeza en vós hai 
Pros que viron chorar unha nena, 
Pros que viron un barco marchar.
 
Dun amor celestial verdadeiro, 
Quedou solo de bágoas a proba
Unha cova nun outeiro
 I un cadavre no fondo do mar...



DERECHOS DE AUTOR
 Copyright © Abraixas (España). Todos los derechos reservados. 
Esta obra no puede ser utilizada sin el consentimiento por escrito de su autor.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...